30 de novembro de 2010

DERRADEIRO PASO


....Caio, o abismo, medo, pavor!
Demasiados pasos en pouco tempo. Pasos de xigante, victoriosos. Outros diminutos, apurados, cobizosos, con goce inmediato... Asomaba o precipicio e ainda era máis gostoso..
Derradeiro paso. A caída é inevitable, imparable, mortal.

23 de novembro de 2010

ACÓCHAME, OH!!


Co teu corpo amor, que teño frío.

7 de novembro de 2010

OPORTUNIDADES

Leandro Lamas
Sabes Magdalena, ando moi triste. E o que máis raiba me da é que eu sempre fuxo da tristura, porque pa qué? Co ben que se queda unha despois dunha boa gargallada. E máis cando riste de ti mesma. Esas son as que mellor sentan....Cando vou pola rúa feliz e a xente pensa que estás tola. De que reirá esta? Eu sonche desas. Que un día uns rapaces espetáronme na faciana: "cómo me fode a xente que vai feliz pola rúa". De verdade que mo dixeron... Pro ando desacougada. Andan a esconder a realidade mundial. Andan con enganos. Sonche moi crueis, moi ruíns, moi viles. Pro non con eles, é cos demáis. Cos que non poden defenderse, cos que nunca tiveron oportunidades. A oportunidade de estudiar, de mellorar, de soñar... E no fondo con eles tamén. Tanto andar á procura dos cartos, e pa qué? Se logo teñen que tomalo prozac. E que non sei por onde empezar porque teño moita raiba enriba e non sei como escupila, como botala fóra, qué facer, qué podo facer eu. Non sei cómo camiñar con este peso, como cando ti cargabas todos esos paus por riba da cabeza. Pois esos paus son de formigón. Qué pode facer unha persoa, unha formiguiña no mundo? E logo fódenme as frases típicas que queren explicalo todo e non explican nada: "La vida es así". É así porque queremos. E realmente queremos unha vida así coma a de agora? Aburrida, gris, egoísta, solitaria... Se só fora a crise do diñeiro, pro é a crise existencial, a falla de felicidade, de bicos, de roces... De solidariedade, de estar xuntos... A esterilidade... Eu quero fertilizar! Fertilizamos??