21 de agosto de 2011

VAMOS QUE NOS VAMOS!

M.M


Quén nos ata este cascavel ao nocello?
Magdalena turra de min e eu xa non podo dicir máis que non
Longa viaxe nos agarda onde darémolo todo e recibiremos máis

Sempre sae o sol nalgures...

Amunuiaieeeee!

13 de agosto de 2011

CONCIENCIA


Levo un cascavel que me lembra con cada aceno que a mal chamada humanidade é ignorante da súa historia porque se empeña en ser feliz no fracaso dunha sociedade manipulada polos tolos egoistas escravos da arrasadora ceguera consumista. Erramos de novo a cada paso porque olvidamos o pasado coa torpeza do avaro. Temos a conciencia adormecida que non quere despertar por medo ao descoñecido, cando é vello coñecido da memoria hibernada. Necios e covardes! Perdidos no peso das nosas conciencias culpabilizadoras... O monstro ten que morrer... Cómo?

31 de julho de 2011

ENAMORADA DE TI...



 Aceno de queres bailar? e ao momento seu alento pedindo papas no meu pescozo

Os meus miolos latexantes pola ausencia dos desexos
noutra fuxida de princesa enamorada de la moda juvenil

Unllas pintadas de festa bailan ao son dos namorados

As contradiccións pelexan no meu interior e firenme todas



24 de julho de 2011

MOLA...


Mola,
ese ambiente "bo rollito" dos festivais de verán.
A música tamén...
Pero molan máis os sorrisos e as facianas relaxadas
as olladas divertidas e tamén as perdidas
e as escondidas baixo gafas de sol cando é noite.
Os guiños dos namorados e os tiros de esguello que pretenden namorar.


Mola,
esa fauna festivalera que se mistura sen problemas.
 A música tamén..
Pero molan máis os looks rockeros, poperos e perro flautas
as nenas "ben" en minisaia gamberra
e os temidos "normais" que se poñen ate arriba.
As "pintas", o cheiro a petas e as patillas, que non pastillas e outras droghas.


Mola,
esa unión desmedida cando tocan bises.
E a música o que máis!
Ela é a culpable da ledicia que provoca o sentirse en liberdade
 cos brazos en alto, saltando e bailando compartindo a desvergoña
e olvidando os problemas do día.. e da vida.
E que rulen as cervexas!



13 de julho de 2011

HAI DÍAS....

Hai días nos que o despertar non quere chegar e deambulas, escoitando o teu profundo respirar
Hai mañáns nas que só pensas na cama que acabas de deixar 
Hai intres nos que a estupidez ao teu redor é tan suprema, que só te salvaría ser.... UN COELLIÑO SUICIDA

6 de julho de 2011

DAME UN...


Grande, pequeno, sonoro, silencioso, frio, quente, enxoito, sucoso, goloso, mollado, baballado, perfumado, glorioso, amoroso, delirante, enervante, enfeitizante, na fazula, na orella, no pezón, no pescozo, no embigo, nun lunar, polo ar ou nunha carta, en cada dedo (xa son 10) e deda (outros 10), no naris e con nariz, ou con lingua e boca abaixo, ou nesa zona (de abaixo).
Dame un... ou cen mil, un millón douscentos.. catrocentos cincuenta mil cinco centos vinteseis...
Extasiantes, vomitivos, espeluznantes, con aperta e aloumiño, violento e lento
Dame máis...

28 de junho de 2011

RESENTIDA REQUIRE VALENTE




Orgullosa, teimuda e rabuda
corazón de noz
ventre en barbeito
pel esfolada

Florece cos aloumiños













26 de junho de 2011

PECHAR OS OLLOS, CRUZAR OS BRAZOS. FAI ALGO!

M.M.

Por do sol no deserto
fáltame o aire
o paso do tempo máncame
a esterilidade dos días fíreme
o pesar faise miña sombra
a espera desquiciante torna en gris o vermello do meu latexo
abáfame a calor
queimanme os sentimentos e as ganas baldías
e tornan as cores que marcan o paso das horas do día
e a nada sigue presente
chega a escuridade e o frío
o sorriso torna en bágoas
laiome
xa non me aturo máis
e nada cambia
desespero...
E NADA CAMBIA

Amencer no deserto

10 de junho de 2011

MALUQUICE



tocounos a morte
xogando á ruleta
a nena suspira
ten medo na cama
do día que acaba 
se deus non existe
ti morres
eu sufro
a vida é entón triste

26 de maio de 2011

ULE A VERÁN

M.M.

 Esperto coa serea do porto
os barcos chegan ao peirao
gotas de luz debuxan a habitación escura
na cociña paliquean mai e madriña
ule a café e torradas, chían as gaivotas...
Acubillada, imaxino o traxín no peirao
as caixas cheas de peixes de ollos saltóns xelatinosos
o sorriso desa muller rematando en gargallada co chisco de ollos daquel home
en breve comezará o cantador de números... 
Dun chimpo bótome da cama
estarrícome no balcón
xa o sol quenta as miñas fazulas
teño paz, teño ledicia, teño ilusión...
Comeza un día fermoso!


E AGORA TEÑO SAUDADES
DAQUELES ESTÍOS QUE NON VOLVERÁN
E TEÑO MEDO
DO ESTÍO QUE SEMELLA VIR...
E CHÍAN AS GAIVOTAS!

17 de maio de 2011

DE LOIS PEREIRO


Deixaches no meu corpo a túa presencia
verquendo o teu encanto nos meus ollos
que non se volverán nubrar de bágoas
porque non apodrecerá máis tempo
a nostalxia convertida en cadavre

e imos explorar a xeografía
do noso amor eterno correxíndoa
se te abres con dozura novamente
ó meu amor ausente e vixiante
aceptas que cho entregue
e logo vaste

camiño do futuro libremente
compartida coa túa propia vida
e amada para sempre.

15 de abril de 2011

QUERO POESÍA:

M.M

      • que suque os meus ollos cegos, na infelicidade dos amores
      • que envelene os meus beizos murchos, na orfandade dos estériles
      • que lama as miñas orellas prontas, no susurro dos amantes
      • que arrole o meu peito inquedo, no anhelo das entrañas
      • que sacie o meu ventre aberto, na agonía dos infernos
      • que acariñe o meu sexo inchado, na soedade dos praceres

    31 de março de 2011

    EN CAMIÑO... A ILUSIÓN VAI POR DIANTE!

    Non acougas! E cómo vas facelo se ainda non sabes que é o que te vai facer máis feliz? Máis feliz?, qué afortunada!! Aaaiii, non empeces co rollo flaxelante de que es unha muller afortunada. É qué?, non es culpable de nacer onde naciches. Ise é o problema... Cómo convivir cunha mesma, cómo dicirlle que non a Magdalena... Máis si ela faite feliz, ou máis feliz? ainda non estás segura. Pero cómo convivir co que viviches, como tragalo sin que o eructes de continuo. Angola, Etiopía, Haití... Estiveches alí... Non podes pechar os ollos e facer cómo si non existiran, como si todas as experiencias vividas fóran só un  soño. Son xente, coma ti, existen, e sufren... Canta inxustiza, canta raiba, canta impotencia!! Cómo non vas intentar facer algo? Ainda que algúns digan que non serve, menos é a nada. O silencio mata. O silencio faite cómplice. Os brazos cruzados tamén matan.. aos demáis... e a ti.

    Así que hoxe Magdalena está feliz, sobretodo ilusionada. E pon as mellores galas. Hai tempo que ten añoranza da felicidade que lle produce unha mochila ás costas, na procura doutras xentes, outras paixases, outras culturas...Ten sede de aprender, de ver, de ulir, de sentir, aire novo que encha os pulmóns, calor no corpo, sorriso na alma. Sede de liberdade, de encherse coa pócima da calor humana, de sentirse útil, de gritar: eu quero outro mundo máis xusto! E sobretodo de actuar! De sair da madriguera quente que a adormece. Fuxir desta urna de cristal cada vez máis ficticia que nos montamos nesta parte do mundo, e que tanto fede a egoismo e a tristeza.

    Polo de agora é só unha ilusión, con probabilidade de facerse realidade.

    Fingers crossed!

    25 de março de 2011

    OLLAR DE FRONTE



    Incertidume do destino
    que se nega a descubrir
    hacia onde dirixirme no camiño
    Permíteme entón na espera
    entre o humano e o mundano
    encher o corazón con ilusión e bó viño
    En fráxil momento me atopo
    difícil elección,
    si é que é miña

    15 de março de 2011

    QUE NON FALTE O SORRISO...

    Damien Hirst

    ... aínda que sexa o dunha caveira incrustada de pílulas miragreiras.
    Cal será a causa e cal o efecto? Pílula da felicidade? Sorriso terapéutico?
    Nos tempos en que vivimos e cos últimos acontecementos precisamos de ambos remedios
    para aguantar ou revivir? o sorriso do cadáver

    8 de março de 2011

    BRINDEMOS...

    Virginia Palomeque

    Por un reencontro e unha aperta infinita co meu corpo envolta en ti
    Polo teu sorriso aberto, sinceiro e cómplice que te fai enrugar as fazulas
    Polo movemento das túas cadeiras ao camiñar xunto as miñas
    Por un "ti non podes estar sóa" no medio dun baile nas festas da aldea
    Polo teu amor polas paisaxes abertas que levan lonxe a mirada
    Por unha voda ficticia con amor verdadeiro nun castro que da ao mar
    Por un "gústanme as túas superñacaritas"
    Por un niño de amor ao carón dun lago, ti, eu, e as vacas 
    Pola túa coraxe e a miña admiración na loita polo que crees
    Por un ceo estrelado despois dunha treboada na cima da montaña
    Por un "ódiote" facéndome o amor
    Polo medo ás curuxas que respiran como humanos
    Por comezar chorando en Oswiecim e rematar queréndonos nun tren alemán
    Polo brilar nos teus ollos cando miras para min
    Polos momentos de amor que nos fan sentir ao lembrar


    4 de março de 2011

    LONGA ESPERA


    Farta de ti
    da espera
    do non: te quero

    Quérote todo
    e todo me falta
    e fáltame a vida

    A vida que pasa
    o tempo que escapa
    na túa procura

    Procura na noite
    chegas no soñar 
    marchas ao despertar

    Desperto no dia
    camiño na rutina
    e todo me aburre

    Aburrida de ti
    aburrida de min
    e berro pra min

    Berro preguntas
    vomito as respostas
    non quero entendelas

    Entendo de ti
    porque te quero
    porque no fin: quéresme

    23 de fevereiro de 2011

    CHICA SEXY



    Si, xa, que vou...Qué pesada esta Magdalena! Collo folgos, respiración profunda.... Outra vez....
    Síntome sexy, moi sexy. E alá vou!! Eiii.... Fingers crossed!

    17 de fevereiro de 2011

    O DESTINO



    O querido ou odiado destino. Sempre que acontece algo nas nosas vidas votámoslle a culpa ao destino, sobretodo si non creemos nalgún deus. Claro está que Nós nunca a temos....Foi culpa do destino, se non estaba de ser foi por "algo", o destino así o quixo, o teu destino é outro, estamos en mans do destino, ou o destino está nas túas mans.... E si miramos as frases célebres atoparemos a múltiples personalidades opinando sobre o tema:

    - "Apoderareime do meu destino agarrándoo polo pescozo. Non me dominará". L.V. Beethoven
    - "A miudo atopamos o noso destino polos camiños que tomamos para evitalo". Jean de La Fontaine
    - "Donos dos seus destinos son os homes. A culpa, querido Bruto, non está nas estrelas, sinón nos nosos vicios". W. Shakespeare
    -.....

    Pero qué é realmente o destino? A nosa vida está predestinada? A súa análise sería unha boa entrada para un blog, pero eu non o vou facer. É simplemente unha reflexión escrita:

    Eu preferiría non creer no destino, creo que todo ten unha explicación, nada pasa por azar, sempre existe unha causa. Pero por qué esa causa acontece na miña vida e non na de outra/o?

    E non hai resposta....ou si:  son cousas do...

    7 de fevereiro de 2011

    ABUR

    Cámbiame o azul polo vermello, ou polo menos por un verde...


     A lapa esmorece, pouco a pouco, lenemente. E coma cobardes que somos deixámola finar... porque así semella máis doado para os dous, por só sufrir nós, porque non ía funcionar, porque non é o noso momento, porque non coincidimos en espazo e tempo. Porque somos de mundos moi diferentes. Por vergoña, por falta de convencemento. Porque queremos.


    Se nos imos a arrepentir? Do que puido ser e xamáis será. Agardo que non, pero ao mellor sí.

    Do que te querería , dos meus anhelos, das miñas ilusións, da raiba unha vez máis, unha vez máis e non sei se haberá máis, polo que non te dixen...

    Do si realmente loitaría por ti. Sempre, sempre, sempre.... que ti apostaras por min.

    E si, renunciaría. Porque hai moitas loitas neste mundo.

    Todo o mundo di que é mellor así.

    Deixémolo morrer, fagámoslle caso ao mundo, tan gris e tan aburrido. Prosigamos nesta noria...

    Eu non, eu voume. Unha vez máis, fuxo de ti.... e de min... e deste mundo. Triste e decepcionada.

    4 de fevereiro de 2011

    NON SEXAS MEDUSA!!



    Fría e protexéndose do que ouse tocala. A súa beleza só pode ser admirada ao lonxe. Sentirá dor o que a roce. Imaxínate apertala. É unha traidora? Mundo triste o da medusa. Naceu bela e ninguén pode bicala.

    27 de janeiro de 2011

    MANIFÉSTATE!

     
    SI EU FOXE UN AXITADOR... A POLICÍA ENGORDARÍA

    Recordando a M. Luther King: " Máis que as palabras dos violentos, temo o silencio dos bós".
    O silencio faite cómplice. Hoxe temos a oportunidade de berrar. Maniféstate!

    20 de janeiro de 2011

    SOÑEI...

    M.M.

    Mirábasme dende o lonxe,
    todo o tempo.
    Qué querías?

    Con mirada relaxada,
    e sorrías.

    Eu algo procuraba, que non atopaba.
    E choraba.

    Ti sorrías,
     non me axudabas.
    Acaso non te necesitaba?

    Ven a min amor!,
    gritaba.
    Ti coa man te despedías.

    Espertei, espertaches.
    Hai canto tempo, amor, que me deixaches?

    16 de janeiro de 2011

    NA PISCINA


    Unha pode estar desesperada agardando que algo aconteza, ou simplemente ir na súa procura.
    Pode tirarse á piscina sen frotador, de cabeza, creendo saber nadar, e sen pensar xamais na opción de que ao mellor non hai auga.
    Unha pode nadar e nadar e nadar e non atopar ren. Chegar á beira, descansar e ser simplemente feliz.
    Tamén pode nadar sen xeito ate cansarse, agotarse, ir collendo cada vez  máis lastre e afundirse.
    Algúns pensan que o mellor é nadar con estilo, polo menos gostas aos demáis, ainda que ti non te gostes.
    Ou ser dos que sempren nadaron a rá, van máis amodo pero saboreando.
    A braza chegarás o primeiro. E qué?
    O caso e non dubidar máis, tirarse!

    7 de janeiro de 2011

    TREBOADA DE ANO NOVO


    Vento cargado de rebeldía contra as inxustizas
    Choiva que devolve a dignidade aos humillados
    Lóstrego que ilumina a senda dos perdidos
    Trono que berra liberdade
    Éncheme coa túa forza, electrízame de ilusións, lávame as cicatrices
    Hei rexurdir!