27 de janeiro de 2011

MANIFÉSTATE!

 
SI EU FOXE UN AXITADOR... A POLICÍA ENGORDARÍA

Recordando a M. Luther King: " Máis que as palabras dos violentos, temo o silencio dos bós".
O silencio faite cómplice. Hoxe temos a oportunidade de berrar. Maniféstate!

20 de janeiro de 2011

SOÑEI...

M.M.

Mirábasme dende o lonxe,
todo o tempo.
Qué querías?

Con mirada relaxada,
e sorrías.

Eu algo procuraba, que non atopaba.
E choraba.

Ti sorrías,
 non me axudabas.
Acaso non te necesitaba?

Ven a min amor!,
gritaba.
Ti coa man te despedías.

Espertei, espertaches.
Hai canto tempo, amor, que me deixaches?

16 de janeiro de 2011

NA PISCINA


Unha pode estar desesperada agardando que algo aconteza, ou simplemente ir na súa procura.
Pode tirarse á piscina sen frotador, de cabeza, creendo saber nadar, e sen pensar xamais na opción de que ao mellor non hai auga.
Unha pode nadar e nadar e nadar e non atopar ren. Chegar á beira, descansar e ser simplemente feliz.
Tamén pode nadar sen xeito ate cansarse, agotarse, ir collendo cada vez  máis lastre e afundirse.
Algúns pensan que o mellor é nadar con estilo, polo menos gostas aos demáis, ainda que ti non te gostes.
Ou ser dos que sempren nadaron a rá, van máis amodo pero saboreando.
A braza chegarás o primeiro. E qué?
O caso e non dubidar máis, tirarse!

7 de janeiro de 2011

TREBOADA DE ANO NOVO


Vento cargado de rebeldía contra as inxustizas
Choiva que devolve a dignidade aos humillados
Lóstrego que ilumina a senda dos perdidos
Trono que berra liberdade
Éncheme coa túa forza, electrízame de ilusións, lávame as cicatrices
Hei rexurdir!