30 de dezembro de 2012

CAMIÑO 2013



Imaxinación
louca realidade soñada
indecisión
pousar os beizos nunha fazula fría
despedida
limpar as bágoas co teu sorriso
enxugar enrugas
caer nun abismo e na metade tirar do parachute
erguerse, caer, erguerse, caer, erguerse

A liña da vida voltouse círculo
maréaste por veces pero non perdes a esperanza de que os momentos felices volten repetirse
noutro lugar, con distinta xente, outras historias,
ou tropezando unha e outra vez na mesma ilusión,
devorando sensacións
almas con sete vidas

Aférraste, forte, 
non hai ferida que doa máis que o medo, amigo da morte.

Alentas, camiño 2013.