24 de janeiro de 2012

SINDROME DA PIRULETA...



ou de amante humillada sobpor das túas gañas

8 de janeiro de 2012

DO NOT DISTURB!


alzheimer
serie tv
estado mental moi habitual en min
necesidade ou via de escape 
cura mental
desconexión

2 de janeiro de 2012

BO DÍA 2012!

M.M.M
Non quero empezar con non
non quero atender á razón da túa realidade
mundo que afumea

Si condicional tampouco serve
si fóra, si me atrevese, si aquel día...
volátilidade do verbo amar nos teus beizos

O tempo segue a ir ao mesmo ritmo
entón por qué aceleras
angustia do fin sen rematar, sen devorar

Puto egoísmo, puta necesidade inventada

EU quero un SI:

- a poder seguir elixindo o meu destino, iso sí é ser afortunada
- a compartir e enriquecerme abrindo moito os ollos, tanto por aprender
- a seguir arriscando e ganando.. ou perdendo, con intensidade
- a saborear e ter consciencia do que me pasa a diario, aprendendo a reflexionar
- a manter a esperanza, a forza e a enerxía, para loitar sen decaer
- a acariñar, apertar e bicar, cun amplo sorriso
- a querervos moito miña xente, no amencer de cada día