12 de junho de 2012

O PODER DUN SORRISO...

M.M.


Hai días en que tocaría chorar sen parar.... ou desexar ser náufraga nunha illa sen rastro humano... ou executar un acto violento antisistema.... De algunha maneira hai que expresar a raiba contra o que nos fire: chorar, fuxir, destruir...

Sería inútil e estúpido. Un alivio efímero? Finalmente un remorso...

Entón vexo o teu sorriso, e penso que aínda son moi afortunada.... Que quero loitar por velo cada día.

Que a raiba pódese transformar en ilusión, en ganas de construir. Que outro mundo é posible empezando por eu e o meu arredor, cada día.

... UTÓPICO?