8 de novembro de 2013

O SEU RUIDO


A miña nai gosta do sonido da chuva na uralita da cociña mentres durme
Eu corro polo pasillo escuro de moqueta verde que me separa do baño
Odio ir ao baño de noite, o medo non muda a súa cor
O ruido na uralita delata a forza do temporal
A miña nai está segura, eu ainda debo voltar a cama

Magdalena prepara os cubos para recoller a auga das primeiras chuvas
O vento zoa e na aldea saben que vai arreciar forte
A xente bule na procura dun resguardo
Empeza a chuva, arrolla, o canalón énchese e desborda
Os fillos de Magdalena danse nel un baño de ledicia 

2 comentários:

Marisa disse...

Sen a auga a vida non sería posible
pero que non veña en demasía.

Un bico

Raposo disse...

A choiva tamén pode ser coma un abrazo, unha liberación, un agarimo.
Apertas