18 de janeiro de 2014

A FÉ NON MOVE MONTAÑAS

Onde estás? En todos sitios menos na clase. En qué estás pensando?
Tanto se me nota?
Moitísimo! Estás ben?
Non (ollos abarrotados de bágoas, collendo alento)

A mente viaxa lonxe, no transtlántico das malas novas
pensamentos nunha nube que leva o vento hacia o baleiro
procurando respostas que non existen, cando é a morte quen pregunta
cicloxénese explosiva das entrañas

A incredulidade lévase mal coa realidade

Cómo vas a afrontar que nunca máis vai a existir
que a súa enerxía arrolladora non vai mover máis pedestais
que o seu sorriso abrumador non vai calar aos pesimistas
é certo que non vas ganar?


NON É XUSTO!!

Suspiras, colles alento, ollos cheos de bágoas... MEEERDAA!



Um comentário:

Magdalena Malungo disse...

Unha vez máis para abraio, pasmo, estupor e ledicia, moita ledicia dos incrédulos.... a Fé moveu montañas... e Ela gañoulle outra batalla á morte! Viva por Ela!! Viva!