9 de março de 2014

DE CABREIROS A MANZANARES

Vaca e Charlot

Éste non é un poema, é unha ilusión
Unha aposta-loucura, un sorriso na mente
Unha diversión ou unha conmoción
Un se busca unha vaca na rede!

Quixera ser unha historia de amor
entre un home-vaca e unha muller-chaplín
dun encontro casual nunha festa de entroido
a un reencontro na rede conxurando ao demonio 

Faloume en alemán, contesteille en inglés
para logo entendérmonos en castelán
Falamos de lares e non de cidades
eu son de Cabreiros, pois eu de Manzanares

As vacas mellores son sempre as galegas
bebendo cervexa  das leite caiado
máis se é na Alemaña  rematas cantando
o "viva Colonia" nun pub ateigado

She is beautiful, yeah
sorriso agrandado
moustache de Hi Adolf
enfado asegurado

A noite remata, a vaca está triste
Sombreiro de Chaplin, despídese e marcha
 Non lembro o seu nome, non sei ónde vive
procura imposible, recordo imperdible.